O grupo de música antiga “Martín Códax” é un dos grupos de referencia europeos, en interpretación de música medieval, con vinte anos de carreira dedicado ao estudo e á interpretación da música escrita desde a Idade Media ata o Renacemento, especialmente dos séculos XII, XIII e XIV. O nome do grupo rende homenaxe a un dos máis importantes representantes da lírica galaico-portuguesa, o trobador vigués Martín Códax, sendo as súas sete cantigas parte do repertorio interpretado polo grupo. O grupo ofreceu concertos en numerosos ciclos e festivais, tanto en Galicia como no resto de Europa: Festival Intercéltico de Cangas, Festa da Istoria de Ribadavia, Festival Espazos Sonoros, Museo de Belas Artes da Coruña, Festival de Música Antiga de Palma de Mallorca, Festival de Música de Palencia, Festival de Cuenca, Auditorio Nacional de Madrid, Instituto Cervantes de Roma, Castell de Peralada, National Germanisches Museum de Núremberg, Musikinstrumentenmuseum de Berlín, Victoria & Albert, entre outros moitos. En 2000, Martín Códax colaborou co gaiteiro Carlos Núñez nun proxecto para recrear a música medieval con instrumentos do Pórtico da Gloria. Ademais, colaborou coas editoriais galegas Galaxia e Xerais en varios proxectos para a difusión da literatura medieval. O grupo Martín Códax colabora tamén coa empresa galega Bodegas Martín Códax S. A., nun intenso labor de fomento e difusión da cultura e da lírica medieval galego-portuguesa.
Contratación
Sirgo Torcendo S.L. Belén Bermejo (+34) 981 935 719 - (+34) 600 406 301 contacto@sirgotorcendo.com