• GALEGO
  • ESPAÑOL
  • ENGLISH
     
Nuria Lorenzo López (mezzosoprano)

Foi galardoada en varios concursos nacionais e internacionais. Canta todo tipo de repertorio (canción, lied, zarzuela e ópera) acompañada de piano e outras formacións. Nacida en Vigo, Pontevedra, comezou os seus estudos de música e canto na Schola Cantorum Santa Cecilia de Vigo. Máis tarde ingresou no Conservatorio Superior de Música da devandita cidade onde se licenciou en canto. Ao mesmo tempo, diplomouse en Maxisterio pola especialidade de Lingua Estranxeira na Universidade de Santiago de Compostela. Máster en Artes Escénicas na Universidade Juan Carlos I de Madrid. Gañou o 2º Premio nacional de España no concurso J.J.M.M., o 1º Premio de Galicia no concurso Música Xove, 1º Premio á Excelencia Musical na Coruña e o 1º Premio á Interpretación Musical en Vigo e tamén foi finalista de varios concursos internacionais. Gravou un disco titulado “Lembrándote”, onde interpretou obras de todos os estilos: lied, ópera, zarzuela, etc. Asiste regularmente a cursos de canto con prestixiosos mestres como Teresa Berganza, Virginia Zeani, Thomas Hampson, Miguel Zanetti, Jorge Robaina, Pedro Lavirgen, Bence Paix e coa mezzosoprano austríaca Helga Mueller-Mollinari. Actuou en teatros como Pazo Euskalduna, Pazo da Ópera da Coruña, Auditorio de Galicia, Palacio de la Música de Valencia, Teatro Arriga, Teatro Novacaixagalicia de Vigo, etc.

Contratación

(+34) 986 363 363 - (+34) 676 752 373
nurialorenzolopez@hotmail.com

Discografía

Lembrándote

NURIA LORENZO LÓPEZ, CARLOS ENRIQUE PÉREZ, ANA TORRES

2010, Mans

Vídeos

Waltz (BSO El Padrino)

NURIA LORENZO LÓPEZ

Requiem de Mozart

NURIA LORENZO, ORQUESTA GAOS

Mon coeur s'ouvre a ta voix

NURIA LORENZO, CARLOS ENRIQUE PÉREZ

Aureana do Sil

NURIA LORENZO, CARLOS ENRIQUE PÉREZ

Tal vez tamén che gusten

Fernando Pérez Fernández

Grupo de Música Antiga 1500

Lugo Camerata (LUCA)

A Gaita Vai á Igrexa

Grupo de Música Antiga Martin Codax