• GALEGO
  • ESPAÑOL
  • ENGLISH
     
Fernando Pérez Fernández

Fernando comezou a súa educación musical en Lousame. Con 10 anos ingresa no Conservatorio Profesional Felipe Paz Carbajal de Noia e máis tarde trasládase á Coruña para terminar o grao profesional no conservatorio desa mesma cidade, onde tamén obtería a súa licenciatura no Conservatorio Superior de Música con Ramón Carnota Méndez, na especialidade de Guitarra Clásica. Recibiu tamén formación en música de conxunto, historia da música, repentización e acompañamento, trascrición, edición e análise. Recibiu clases maxistrais de prestixiosos profesores no ámbito guitarrístico e tamén en música antiga. Desde o ano 2007 exerce como docente en Galicia e goza tocando con instrumentos construídos por Lourdes Uncilla, César Arias e Francisco Santiago Marín.

No ano 2013 edita o seu primeiro CD como solista co selo iTinerat Classics, "Feel Past Fret, unha viaxe polas emocións guitarrísticas", onde toca música de Narváez, Sanz, Guerau, Legnani, Tárrega, Vide e Kapsperger, ademais de sete estudos propios, cuxas partituras están dispoñibles no libro "Guitarra. Técnica e interpretación", publicado pola editorial Dos Acordes.

Durante o curso 2013/2014 estuda co profesor Xavier Díaz-Latorre, entre outros, un Máster en Interpretación da Música Antiga na Escola Superior de Música de Cataluña (ESMUC), en colaboración coa Universidade Autónoma de Barcelona (UAB).

Contratación

Nomenklaturas
María Valcárcel Tabernero
(+34) 647 163 629
mvtcomunicacion@gmail.com

Discografía

Matteo Carcassi: 25 Etudes Mélodiques (Early Romantic Guitar Version)

FERNANDO PÉREZ FERNÁNDEZ

2016, Fernando Pérez Fernández

FEEL PAST FRET. Un viaje por las emociones guitarrísticas

FERNANDO PÉREZ FERNÁNDEZ

2013, iTinerant Classics

Vídeos

Toccata Arpeggiata (Feel Past Fret recording II)

FERNANDO PÉREZ FERNÁNDEZ

Toccata Arpeggiata (Feel Past Fret recording III)

FERNANDO PÉREZ FERNÁNDEZ

Tal vez tamén che gusten

Grupo de Música Antiga 1500

Lugo Camerata (LUCA)

Nuria Lorenzo López (mezzosoprano)

A Gaita Vai á Igrexa

Grupo de Música Antiga Martin Codax

Julia Cea e Grupo - Lírica Medieval Galega