Recoñecido pola súa elegante musicalidade, mestría técnica e rigor estilístico, Marcos Díaz gañou gabanzas entusiastas tanto do público como dos críticos en todo o mundo, consolidando unha reputación que o sitúa entre os mellores guitarristas clásicos da súa xeración.Finalizados os seus estudos musicais no Real Conservatorio Superior de Música de Madrid, baixo a dirección do mestre José Luis Rodrigo e onde obtivo o “Premio Extraordinario Fin de Carreira de Guitarra”, participa activamente en Master Classes cos máis prestixiosos intérpretes do panorama guitarrístico internacional como David Russell, Manuel Barrueco, Sergio & Odair Assad…Galardoado co Primeiro Premio no I Concurso de Guitarra “Cidade de Ourense”, Marcos Díaz inicia unha brillante traxectoria que o leva a participar como solista en importantes salas de concerto e algúns dos festivais e ciclos internacionais de guitarra máis sinalados de Europa e Estados Unidos. Os seus catro CDs, editados polo selo discográfico Ópera tres, convertéronse en gravacións de referencia no mundo da guitarra, obtendo en todos eles unha excelente acollida pola crítica internacional.Alén dos seus compromisos de gravación, concertos e publicacións, Marcos Díaz é un moi solicitado mestre que inspirou a moitos novos valores da guitarra aos que lles transmite ilusión, coñecemento e paixón pola música.
Contratación
Manuela Domínguez (+34) 988 374 282 - (+34) 636 725 083 manuela@marcosdiaz.com