
Agoraphobia volve dous anos despois de marcar unha liña definitoria co seu álbum debut, “Incoming Noise” (2017). E faino cunha madurez musical que ensucia, aínda máis, o seu ruído interior anteriormente presentado. Un xiro ao lado máis escuro con texturas firmes e pesadas, distorsión profunda e potentes riffs que sacuden rock alternativo.“Unaligned” (dotbeat!, 2019) fala de dúas loitas constantes: a batalla interna contra os límites autoimpostos, os medos, os demos máis arraigados... e o enfrontamento persoal ante unha contorna automatizada.
Contratación
Dotbeat! Patricia Hermida (+34) 981 652 091 - (+34) 674 956 338 contratacion@dotbeat.es