• GALEGO
  • ESPAÑOL
  • ENGLISH
     
Julio Suárez & The Backyards

Julio Suárez & The Backyards viron a luz como banda a mediados de 2009, cando o cantante e líder da formación, despois de pasear as súas composicións durante anos por bares e salas de concertos, decide deixalas crecer no contexto dunha banda. Así, a Suárez súmanselle Fran ás guitarras, Andy ao baixo e Billy á batería, formación coa que a finais dese mesmo ano gravan un EP autoeditado baixo o título de "American Dreams".

Tras uns anos nos que as cancións foron madurando e crecendo en concertos e ensaios, en 2014 súmaselles Anxo Seco nos teclados, xusto a tempo para a grabación do que sería o seu primeiro disco, tamén autoeditado: "No podrán con nosotros".

Escoitar a Julio Suárez & The Backyards é unha experiencia realmente intensa, na que sonoridades de estilo americano, froito da súa paixón por bandas como Wilco ou Drive by Truckers, fusiónanse sen dificultades con matices máis propios da canción de autor, con ecos de Antonio Vega e, especialmente, de Quique González. Con toda esta bagaxe e mais a adición de boas doses de valentía sónica e gañas de experimentación, coa introdución de samplers, dinámicas moi marcadas e arriscadas, e pinceladas floydianas, Julio Suárez & The Backyards ofrécennos unha proposta nova, diferente e atrevida que sabe encaixar moi ben as súas influencias e tradicións cun sonido e identidade propios, e unhas ganas por innovar e arriscar moi de agradecer nestes tempos de monotonía e sons fotocopiados.

Contratación

Julio Suárez
(+34) 685 105 318
management@juliosuarez.es info@juliosuarez.es

Discografía

Asumir el riesgo

JULIO SUÁREZ & THE BACKYARDS

2016, Julio Suárez & The Backyards

No podrán con nosotros

JULIO SUÁREZ & THE BACKYARDS

2015, Julio Suárez & The Backyards

American Dreams

JULIO SUÁREZ & THE BACKYARDS

2011, Julio Suárez & The Backyards

Vídeos

Es hora de cerrar

JULIO SUÁREZ & THE BACKYARDS

No podrán con nosotros. PROMO

JULIO SUÁREZ & THE BACKYARDS

PROMO DISCO. No podrán con nosotros

JULIO SUÁREZ & THE BACKYARDS

Take#1. Hubo sexo y drama

JULIO SUÁREZ & THE BACKYARDS

Próximamente... Julio Suárez & The Backyards

JULIO SUÁREZ & THE BACKYARDS

Tal vez tamén che gusten