TOR - Folk Céltico da GalizaGrupo formado por Cástor Castro (frautas de madeira), Félix Castro (anglo concertina, acordeón diatónico, gaita), Álvaro Iglesias (contrabaixo) e Xosé Liz (bouzouki).O repertorio componse de popurrís ou sets de temas instrumentais tomados da tradición galega, con especial atención aos gaiteiros e músicos do interior. A principal fonte é o amplo arquivo propio de partituras e discos antigos, así como as gravacións de campo realizadas polos seus membros, buscando temas orixinais de frauta de madeira e acordeón diatónico, ou de estilos de toque de gaita de comarcas pouco coñecidas como A Limia, Frieiras, e Navia entre outras.Xunto coa liña melódica guiada principalmente por instrumentos da tradición galega (gaita, frauta, acordeón) e outros máis atípicos como a anglo concertina, a parte harmónica a completan o bouzoki e o contrabaixo, conformando un son acústico, reelaborado dun xeito concordante cos traballos que se fan hoxe en día no folk atlántico europeo.Sets de muiñeiras, xotas, alboradas, pasacorredoiras e piruxaldas, sucédense con outros temas máis pausados como alalás, cantos de reis, valses ou mazurcas, tan propias do sur ourensán.
Contratación
Cástor Castro 629 875 063 - 620 230 846 tor.celtrad@gmail.com