KINGS OF THE BEACH nace en Vigo no verán de 2013 e son Adrián Rodríguez (guitarra, voz), Yago Guirado (baixo, voz) e Samuel Otero (batería). A principios do 2015 publican a súa primera maqueta, "Badass", pegando forte na sempre prolífica escena galega. Un ano máis tarde, en febreiro de 2016, publican o seu primeiro EP, "Bat Pussy".O son de KINGS OF THE BEACH pode definirse como salvaxe, playero e rápido, coma un sopapo na cara. Comparados con Together Pangea ou os mismísimos FIDLAR, fardan “dun directo rápido, con suor e moitas hostias”. Participaron en importantes festivais (SXSW, Atlantic Fest, Fuzzville, O Marisquiño), foron finalistas do 30 Concurso Internacional de Bandas Villa de Bilbao e compartiron escenario con bandas nacionais e internacionais como The Gories, Sexy Zebras, Los Bengala, White Fang, Preoccupations o Metz.“Super Awkward, Fucking Awesome” (CIUDAD OASIS, 2018) é a primeira referencia íntegra editada simultáneamente en fortmatos vinilo e cassette por CIUDAD OASIS. Grabado en Gamma Studio e masterizado por Brad Boatright de Audiosege (Portland), O disco preséntase coma un compendio garage-punk-rock, ás veces melódico, case sempre frenético.Dez pistas redondas e con personalidade propia, dende o surf cáustico de “Eat Snot” ata “Wasted/Young”, unha canción que pulsa a tecla máxica dos himnos xeneracionais. Se “Super Awkward, Fucking Awesome” pareceche un bo disco –que o é–, espera a ver como soan en directo...
Contratación
KotbSamuel Otero 666 931 082 kotbofficial@gmail.com