The Riggos é un grupo vigués de punk rock e rock alternativo formado en 2011. A banda foi creada nos seus inicios por Bruno Costas, Yago Ray Costas, Martín Fernández e Miguel Vázquez mentres que, na actualidade, os últimos foron substituídos por Denis Carballás e Arturo Peixoto.Comezando como un grupo de versións, hoxe en día The Riggos conta cun amplo repertorio de cancións propias. Logo de lanzar tres EPs ao longo da súahistoria, o 23 de febreiro de 2018 sae a luz o seu primeiro LP con 14 temas, “The Riggos” (Lemuria Music, 2018), gravado e masterizado por Pedro Feijoo (Lamatumba) en Woodpine Estudios (Gondomar), producido pola discográfica Lemuria Music e distribuído por Warner Music Spain. Este álbum foi finalista a Mellor Disco do Ano nos premiso Maketón de Los 40 Vigo.En 2023 lanzan o seu segundo álbum, “A Rastras”, da man de Flor y Nata Records e, unha vez máis, con Pedro Feijoo na gravación e produción.
Contratación
Denis Carballás Riveiro 665 210 490 - 662 339 806 theriggos@gmail.com