• GALEGO
  • ESPAÑOL
  • ENGLISH
     
Pelusa

Pelusa nace en Vigo no verán de 2012 cando Isa e Esteban únense para dar forma a un proxecto musical moi intimista e potente. Empezan a saír, dende dentro, todas as miserias e as rabias internas con composicións moi persoais que van desde os estilos máis clásicos do swing e o country ata o rock alternativo ou o punk espacial.

En 2014, a formación consolídase como un cuarteto coa chegada de Víctor e César ás guitarras, redondeando deste xeito o son que se buscaba dende o inicio á espera de atopar compañeiros de viaxe capaces de soportar o caos e os rachos dunha ideoloxía nihilista en boca da que aporrea a batería. Non hai un estilo definido, non hai regras nin formalismos, pero todo soa a Pelusa.

Un ano máis tarde gravan e autoeditan a súa primeira maqueta, “Pelusa” (2015), no seu local de ensaio en Rande e empezan a dar bolos por diferentes salas chegando a gañar o concurso do Ventorock ‘16.

A principios do 2017 sairá á luz o seu primeiro álbum en vinilo gravado en Cabral Estudios de Vigo.

Mentres tanto, eu tómbome na lúa.

Contratación

Isabel
(+34) 634 521 046
band.pelusa@gmail.com

Discografía

Pelusa

PELUSA

2015, Pelusa

Vídeos

Corriendo detrás

PELUSA

Tal vez tamén che gusten