Interpretaciones del leve sentir (Idls.) é o proxecto en solitario de Simón Rodríguez (Desidia, LED, Highland Bea[s]ts.)O proxecto ten o seu comezo a finais do ano 2007 cunha serie de grabacións caseiras de carácter mais ben intimista e experimental. Hoxe en día Idls é un híbrido entre música electrónica con trazos ambient e unha instrumentación baseada en sintetizadores e guitarras misturados cos sons achados na natureza, a propia voz humana e outros elementos de carácter étnico. Idls descríbese a si mesmo como unha interminábel procura a través das emocións e os desexos.
Contratación
Simón Rodríguez simonson10@gmail.com