WÖYZA (Moaña, 1984) cantante e autora, letrista, productora galego-uruguaia, pioneira e referente no hiphop-soul e R&B en lingua española e galega. Comezou a súa carreira musical en Vigo, en 2003, vinculada á escena hiphop estatal e portuguesa. En solitario, conta con dous LPs: "Pisando el suelo que ves" (2008) e "Pelea" (2016); tres EPs: "Siénteme"(2005), "Si/No" (2015) e "Tábula Rasa" (2019) así como unha infinidade de vídeos musicais, singles e colaboracións.Realizou e participou en varios proxectos con artistas e produtores nacionais e internacionais de renome como Nach, Dealema (Portugal), Orion XL (Argentina), Marco Polo (EEUU) entre outros, así como con artistas doutros xéneros musicais como Cristina Pato, Carlos Núñez, Anxo Pintos, Iván Ferreiro ou Pablo Novoa.Premio Mellor Artista de Música Urbana nos Premios Martín Códax da Música en 2014 e en 2019 (logo de tres nominacións nos anos anteriores) e Mellor Álbum nos Premios Maketón Maeloc Los40 Principales Vigo en 2015.Sempre vinculada ao activismo social e ao feminismo, desde 2016 forma parte do colectivo europeo Rebel Babel xunto a L.U.C, Rapsusklei e outros artistas cos que grabou o disco "Ensemble" en Barcelona, co seu single "Manifest".Titulada como Técnico Superior de Son pola EISV Marcote, certificada por la ESV e con estudios básicos de piano, guitarra e harmonía, impartiu obradoiros, conferencias e clases particulares de canto en escolas, institutos, asociacións e universidades a par que recibiu formación desde hai máis dunha década.
Contratación
Eidon Música SLXaime Casas 986 472 556 - 610 820 479 idea@idearock.com