• GALEGO
  • ESPAÑOL
  • ENGLISH
     
Marful

Marful naceu no medio do océano Atlántico, inspirado pola música cantada e bailada nos barcos de Galicia. A Música Tradicional estendíase ao redor dos portos de mar por todo o mundo. Letras irónicas compostas por Ugia Pedreira, cantante do grupo. Música que nos recorda o jazz, cabaré europeo, música de club, vintage... Acordeóns, clarinetes, guitarras, poesía e raíces.

Co seu primeiro álbum, “Marful”, rescataban a música dos anos 30 e 40 tanto de Europa coma de América. Co segundo, “Manual de Sedución”, o amor está na orde do día con twist, xotas, mambos, tangos e pasodobres.E agora están a preparar o seu terceiro álbum.

Ugia Pedreira, Marcos Teira, Pedro Pascual e Pablo Pascual son o mellor que lle aconteceu á música galega na última década. Provocaron unha revolución musical no seu país coas súas harmonías, estética e letras. Representaron a Galicia en festivais e acontecementos musicais de todos os tipos (Womex 2007, Celtic Connections, Feira Internacional do Libro da Habana, Casa da Música en Porto). Gañaron o Premio de Audiencia polo seu primeiro álbum, agora presentaron o segundo, gravado en 2010, e traballan en novo material para o seu terceiro.

Marful son Ugia Pedreira (voz), Marcos Teira (guitarra), Pedro Pascual (acordeón diatónico) e Pablo Pascual (clarinetes).



… "combinaremos na linha do horizonte ou naquel mar que nom sae nas cartas, as coissas tam-che muito boas, o caso é ter tempo para amar, na trajetória silenzo quero-te mais"...

Contratación

aCentral Folque
Olga Nogueira
(+34) 698 138 554 - (+34) 881 031 829
promomarful@gmail.com

Discografía

Manual de sedución

MARFUL

2011, Marful

Marful

MARFUL

2006, Producciones Efímeras

Vídeos

Santa Candela

MARFUL

Je suis

MARFUL

Pasodobre Universal

MARFUL

Pasodobre Universal

MARFUL

Tristras

MARFUL

Salón de Baile

MARFUL

Tal vez tamén che gusten