• GALEGO
  • ESPAÑOL
  • ENGLISH
     
Sickeeper

Sickeeper é un grupo de rock-metal que nace en 2015 en Betanzos, froito de proxectos anteriores, e que actualmente está formado por Lucas Blanco (voz, guitarra), Martín Salamini (teclado), Iván Vázquez (baixo) e Pablo Ocampo (batería). Participou en festivais como Dolores Rock e Brigamusic compartido escenario con grupos como Reincidentes ou Tálesien, e actuou en diversas salas da xeografía galega e española, como Mardi Gras, Café Lanzós, Filomatic, Forum Celticum, Gales Biker Bar, Casino Rock Bar, Let’s Go ou Transylvania, entre outras.

En 2018 gravan e publican o seu primeiro álbum de estudo, de título homónimo, composto 13 temas orixinais. Un ano despois, gañan o premio de primeiro finalista no concurso nacional de bandas Ugena Rock José Cabrera, ao que se presentaron arredor de 30 grupos de toda España. Ese mesmo ano, o Concello de Betanzos faille entrega dun premio como recoñecemento á traxectoria musical do grupo.

Entre os seus plans de futuro, optan a participar no Resurrection Fest, noutros festivais e grandes eventos, ademais da gravación de novos videoclips. Aproveitando o período de confinamento de 2020, están a compoñer as cancións que formarán parte do seu segundo álbum, que prevén publicar antes de 2022.

Contratación

Lucas Blanco Álvarez
648 823 717 - 626 676 824
sickeeper@gmail.com

Discografía

Sickeeper

SICKEEPER

2018, Rock CD Records

Vídeos

Pay or Die

SICKEEPER

Our Song

SICKEEPER

Tal vez tamén che gusten