• GALEGO
  • ESPAÑOL
  • ENGLISH
     
Zoelas

Matriarcado. O canto como berro. Un dicire propio que agroma do canto do País para pendurarse en arranxos que miran con outros e cos mesmos ollos.

Todo está por escribir nun lenzo que sabe a monte, a Terra. Unha terra que ferve e que, máis tarde que cedo, botará por fóra.

A muller e o rural galego. A convivencia xorda de dous mundos condenados a habitar no esquecemento. Cando buscas na rede imaxes da “muller galega no rural”, axiña asoman estampas de fazulas enxugadas, de cabelos silenciados por panos escuros e de apeiros de traballo que moi axiña se poñen a labrar.

Nós, que coñecemos o rural dende dentro e non a través da rede, sentimos orgullo desas mulleres que labraron (e aínda labran) os regos dun mundo cheo de contradicións. Mais tamén pensamos que esta imaxe non ten un nivel moi fidedigno de representatividade. Nesta estampa nace Zoelas.

Sempre no intento de mergullarse nun rural vivo. De non esquecer de onde vimos. De amarralo sen fraquear. De conservar pero no cambio, non na permanencia. De sentirnos vivas e non esmorecidas.

Zoelas formámolo catro voces: Bea García, Erica García, Patri Coucheiro e Pilar Naveira; e tres músicos: Bruno Villamor (gaita, requinta, zanfona), Miguel “Mili” Varela (percusións) e Miguel Rivadulla "Michel" (guitarra).

E botamos por fóra o primeiro traballo, “Evelaites”, alá polo 2018 Un álbum de mesturas, música tradicional fusionada con outros estilos. Temas que combinan letras propias con melodías tradicionais e outros de letras tradicionais envoltas en melodías de creación grupal.

Contratación

Discografía

Evelaités

ZOELAS

2018, Autoeditado

Vídeos

EPK

ZOELAS

Presentando 'Evelaités'

ZOELAS

Marmuradoiras

ZOELAS

Tal vez tamén che gusten