• GALEGO
  • ESPAÑOL
  • ENGLISH
     
Marta Quintana

Galega de nacemento, Pereira-Mos, e viguesa de adopción formouse como arpista na Emao agora E_trad. Diplomada en Graduado Social pola USC e diplomada en Educación pola USC coa especialidade de Música. Estudou no Conservatorio Hstórico de Santiago de Compostela. Foi membro do Orfeón Terra A Nosa, do Coro Universitario da USC e de Camerata ad Libitum, entre outras organizacións corais.

Actualmente canta no Coro da Rá en Compostela. Fundou o dúo Sete Saias co que realizou un traballo discográfico (2006) considerado unha das mellores iniciativas musicais dese ano. Como arpista e cantante compartiu escenario con Budiño, Mercedes Peón, tocando para o Xacobeo no Festival Intercéltico de Lorient (Francia) representando a Galicia (2009).

No ano 2011 autoedita e produce "Amable" e representa a España no Festival Mundial de Arpa de Paraguai. Continúa tocando en numerosos escenarios.

En 2014 Marta compone, produce e edita "Lus". O disco naceu co descubrimento de Marta Quintana do poeta Díaz Castro con motivo das Letras Galegas dese ano. Os poemas nas mans de Marta tomaron unha nova vida musical, e, como un amor de nai que medra día a día, fóronse conformando as cancións na súa mente ata que atopou a calor que precisaba en Cuchus Pimentel quen fixo coas súas guitarras o berce perfeito para este traballo, "Lus", cargado de forza viva.

Contratación

SimonMusic
Paco Quintana, Marta Quintana
(+34) 632 269 168 - (+34) 699 506 246
fgsimonmusic@gmail.com

Discografía

Lus

MARTA QUINTANA, CUCHUS PIMENTEL

2014, Autoedición

Amable

MARTA QUINTANA

2011, Autoedición

Vídeos

Oceano en Calma

MARTA QUINTANA

Tal vez tamén che gusten