A Ukestra do Medio é un grupo de ukuleles que nace en Compostela en 2013 facendo versións de temas de diferentes estilos musicais. En 2017 editan “em princípio...” e, en 2020, publican “Outras lérias”, un disco que conta por primeira vez con cancións propias, todas elas en galego. En 2022, a Ukestra lanza “Histórias cativas” e afianza a súa aposta polas composicións do grupo.O traballo, gravado nos Estudos Potemkin e editado por Ukelixo, mantén dous dos sinais de identidade da banda: o son característico dos ukeleles e unha proposta ecléctica con influencias de rock ’n’ roll, country, swing, pop e surf. Ademais das voces, o caixón e os distintos tipos de ukeleles (sopranos, tenores e barítonos; ukebaixos e banjoleles), en “Histórias cativas” a Ukestra incorpora a pandeireta, a táboa de lavar, o güiro, o xilófono... un compendio de instrumentos miúdos a través dos cales marcan o ritmo de pequenas historias sobre o amor, as expectativas truncadas ou os tempos pasados. Letras graves, ás veces, que contrastan coa frescura do son dos ukeleles.A banda forma parte tamén de ‘Extravíos’, un proxecto compartido coa compañía VACAburra no que tocan música en directo para unha peza de danza de Andrea Quintana.
Contratación
UrdimeÁnxela 698 13 29 35 angela@urdime.net