• GALEGO
  • ESPAÑOL
  • ENGLISH
     
Samuel Diz

"Este crisol calidoscópico de pezas para guitarra, tan esplendidamente interpretadas polo tudense Samuel Diz, desvélanos un íntimo e sensual espazo da historia musical galega e, á vez, o vigor compositivo dos nosos días".

O musicólogo Leopoldo Neri presenta desta forma "Guitarra clásica galega", investigación e gravación do músico tudense Samuel Diz (1986). Editado por Ouvirmos, conta co apoio da Xunta de Galicia, a través da Agadic e da Secretaría Xeral de Cultura.

Completan o seu catálogo discográfico "On the Road | Puerto Rico", "Danzas puertorriqueñas de Juan F. Acosta" y "Sonidos de una juventud", traballo de investigación e dinamización polo que recibe a Insignia de Oro de Temas Sevillanos-UNESCO.

Samuel Diz ten actuado en diferentes países de Europa, América e África, destacando a súa presentación en The Council on Latin American and Iberian Studies da Yale University (EE.UU.), no Harare International Festival of the Arts (Zimbabwe) ou no emblemático Palau de la Música Catalana, recibindo o Premio da Crítica "El Primer Palau".

Despois de graduarse no CMUS Superior Manuel Castillo de Sevilla baixo a dirección de Gaëlle Solal, Samuel Diz amplía a súa formación artística con Alen Garagic e Daekun Jang, xunto ao maxisterio de José Luis Rodrigo nos cursos universitarios Música en Compostela, onde recibe o Premio Andrés Segovia - J.M. Ruiz Morales. Completa os seus estudos na Universidade Pompeu Fabra de Barcelona, sendo na actualidade director artístico do festival Música no Claustro da catedral de Tui.

Contratación

www.samueldiz.com
(+34) 627 505 777 - (+34) 661 535 696
oficina@samueldiz.com

Discografía

Impresiones y paisajes, como el primer libro de Lorca

SAMUEL DIZ

2015, Poliédrica

Danzas Puertorriqueñas

SAMUEL DIZ, HERMELINDO RUIZ, STEFFAN BESSER, MARCO SANTOR

2014,

Guitarra Clásica Galega

SAMUEL DIZ

2012, Ouvirmos

On the Road | Puerto Rico

SAMUEL DIZ

2012, Autoeditado

Vídeos

Atardecer - Juan José Mantecón

SAMUEL DIZ

Atardecer no Gaiás

SAMUEL DIZ

Café 1930 - Astor Piazzolla

SAMUEL DIZ, ROBERTO ALONSO

Zidur

SAMUEL DIZ, HERMELINDO RUIZ

Guitarra Clásica Galega - Muiñeira

SAMUEL DIZ

Tal vez tamén che gusten