Trilitrate é un proxecto audiovisual que integra a diversidade sonora dun trío acústico unido á videocreación en tempo real dunha artista multimedia. A banda somete cada nota a un rigoroso proceso de destilación, disolución e combinación das súas influencias, desdebuxando as liñas existentes entre o clásico, a música étnica, a contemporánea, a improvisación libre, o jazz ou o hardcore. Un proceso que navega nun océano onde se atopa a composición e a improvisación, os estímulos sonoros e os visuais, dando lugar a un universo novo, orixinal e sobordante de beleza.Trilitrate fórmase en Vigo en 2012 por Elena Vázquez (violín), Marcos Padrón (acordeón) e Rubén Abad (guitarra, voz). En 2013 incorpórase a videoartista Laura Iturralde, e realizan a gravación do seu primeiro disco, “Faláchesme na Man”; eloxiado por crítica e público impúlsalles a uns anos frenéticos de festivais, actuacións e colaboracións.O seu exuberante talento e orixinalidade culmina coa publicación de “Frutal Death”, LP que sobrevalora e destrúe todos e cada un dos estilos, construíndo unha liña única, aderezada por un salvaxe sentimento de independencia en pezas profundas, enérxicas, persoais, que funcionan como testemuña da incrible creatividade do cuarteto galego.Actualmente, logo do ingreso de Montse Piñeiro (escenógrafa, iluminadora, animadora de stop-motion, María Casares 2018 a Mellor Escenografía) como nova xeradora da arte visual, están embarcados na composición e elaboración do seu terceiro disco.
Contratación
María José Pámpano +34 654 996 482 maria.makingsound@gmail.com