De Ninghures é unha banda do novo folk galego que nace das inquedanzas de xente nova de diferentes puntos da nosa xeografía. Partindo da tradición galega, presentan un repertorio con claras influencias de músicas doutros pobos da Península Ibérica, América Latina ou o Magreb.Sete mozas e mozos que se xuntan para ensinar o seu xeito de manter con vida a música tradicional nos tempos da globalización conforman este grupo, que anima ao baile e crea un ambiente de foliada fresca e frenética.Nestes anos de traxectoria percorren diferentes salas e festivais do país, como Castelo Conta, Festigal, Festival da Poesía do Condado, Foliada da Fonsagrada, Festival Irmandiño de Moeche.... chegando a compartir escenario con artistas da categoría de Xabier Díaz & Adufeiras de Salitre ou Banda Bassotti. En 2019 son gañadores do concurso Novos Valores, ademais de finalistas do Proxecto Runas organizado polo Festival de Ortigueira.“AQUÍ” (2022) é o seu primeiro traballo discográfico gravado nos Estudios Abrigueiro da man do compositor e produtor musical Arturo Vaquero. Con temas orixinais nos que conflúen pezas de composición propia con arranxos do repertorio tradicional, foi presentado en outubro de 2022 na sala Malatesta, unha das salas de referencia en Santiago de Compostela. Logo da presentación, levarán o seu traballo a outras cidades galegas como Lugo (dentro da programación do San Froilán) ou A Coruña (para a Fundación Alas).
Contratación
Manuel Lucas Mariño 635 348 498 - 603 568 775 deninghures@gmail.com