• GALEGO
  • ESPAÑOL
  • ENGLISH
     
A Banda das Crechas

A Banda das Crechas é a faciana dun universo colectivo que comezamos a construír entre todos hai vinte e sete anos arredor da conversa, da arte, da música ao vivo, do amor polo propio e a curiosidade polo alleo na Casa das Crechas. Un conxunto aberto, unha banda 2.0 na que músicos habituais e intérpretes ocasionais únense para manter viva a tradición, o son e a emoción da foliada. Este disco é o rexistro dunha desas noites de canto e de baile nas que a Casa das Crechas honra a súa historia, converténdose, unha vez máis, no lugar de encontro que leva sendo dende mediados do século XIX.

Dende a gravación do traballo "ABDC" en 2010, a banda quixo dar un paso cara a adiante e mostrar fóra do ambiente habitual a forza dun directo contundente e sen complexos para abrirse a mercados máis profesionalizados e internacionais.

"ABDC" é a banda sonora deste noso universo colectivo. Unha banda sonora que é historia, compromiso e paixón, e que ninguén pode interpretar mellor cá Banda das Crechas. Porén, neste grupo de artistas aberto e plural tampouco caben todos os intérpretes. Os outros, os que non están nesta gravación, son todos aqueles que ao longo destes anos fixeron que a música tivese vida na Casa das Crechas: autores anónimos e autores ben coñecidos, músicos e non músicos, que trouxeron as culturas do mundo e que, no encontro, levaron a nosa cultura polo mundo. Este disco é a mellor homenaxe a todos eles e a todas elas, e a todos aqueles espazos que, como a Casa das Crechas, son lugares de encontro... e paixón.

Contratación

Xan Pampín
(+34) 669 745 064 - (+34) 690 293 120
xanpampin@msn.com

Discografía

ABDC

A BANDA DAS CRECHAS

2010, Do Fol Música

Vídeos

Xotis Romanés

A BANDA DAS CRECHAS

A rumba dos 29

A BANDA DAS CRECHAS

"Ei, os de Sergude"

A BANDA DAS CRECHAS

Banda das Crechas

A BANDA DAS CRECHAS

Era necessario?

A BANDA DAS CRECHAS

Tal vez tamén che gusten