Leria é un grupo de indie en galego formado na Coruña por May (guitarra, voz), Hele (batería, coros), Itzi (baixo, coros) e Andre (teclado, coros).O grupo xorde en 2021 nas rúas da cidade da man de May e máis Hele. Chega ás salas de toda Galicia unha vez incorporadas Itzi e Andre á banda e pasa por festivais como o Festigal ou o Rock in Cambre. En 2023 editan os seus primeiros temas, ‘Queres ir a bailar?’ e ‘Ao final’.En 2024 sacan outro sinxelo, ‘Chulita ben’ e o 29 de marzo dese mesmo ano publican o seu primeiro álbum, “Marusía” (2024), unha mestura entre indie, pop e, ás veces, ata rock. Comezan a xira do disco “Máis vivas ca nunca” cun sold out.O grupo caracterízase por ter un directo moi enérxico e divertido, aínda que pasan tamén por pezas algo máis intensas.
Contratación
Seispés Producións Creativas info@seispes.com