Sangre de Muérdago é unha misteriosa banda nacida en 2007 das mans do músico e multiinstrumentista ourensán Pablo C. Ursusson, nos montes das Fragas do Eume, e establecida desde hai anos en Leipzig, Alemania.Con todo, non é ata 2012 que a banda comeza a tocar e xirar por todo o mundo e, a día de hoxe, contan con dez traballos editados, que inclúen catro discos completos, un deles doble, ademais de 17 xiras internacionais, 13 en Europa que abarcan desde Galicia a Finlandia, Lituania, Inglaterra ou os Balcáns, e todo o que queda no medio, 3 xiras por Estados Unidos e Canadá, e unha xira asiática por China, Taiwán e Hong Kong.A súa música e única, bebe da colleita propia dos músicos, e está inspirada en músicas máis paseniñas do folclore galego de finais dos 70 e comezos dos 80, así como do acid-folk inglés ou as polskas escandinavas.-Pablo C. Ursusson: guitarra clásica, zanfona, composición, textos, voces, percusións-Georg "Xurxo" Börner: nyckelharpa, viola, voz-Erik Heimansberg: frauta, voz, percusións-Asia Kindred Moore: arpa céltica«Truly magical» –Oliver S. Tyr / FAUN«Impossibly beautiful» –Kim Kelly /NOISEY «As a fan of the band, I can't recommend them enough.» –Steve Von Till/NEUROSIS/NEUROT RECORDINGS«NOITE is one of the most beautiful records i've ever lived to hear.» –SPUTNIK MUSIC (5/5)
Contratación
Sangre de MuerdagoPablo Caamiña +49 15731479696 info@sangredemuerdago.com