
Espido, unha casta de fusión por rozamento melódico-armónico de dous músicos, Guadi Galego (compoñente do grupo Berrogüetto ata o 2007) e Guillerme Fernández (integrante desta banda na actualidade). Unha mestura de creatividade que dá lugar a un traballo, como o seu nome suxire, que se ispe de abelorios: tan só unha guitarra e unha voz, e algunha que outra programación, dan forma a dez temas de composición propia, e a dúas adaptacións tradicionais.
Contratación
Guillerme Fernández (+34) 881 976 076 - (+34) 619 753 150 espidos@gmail.com