Cantata Vernácula son Suso Vaamonde e Xoán Porto. Este dúo, creado en 2009, intenta recuperar nos seus espectáculos a participación activa do público por medio da música tradicional galega.Acompáñanse de acordeón e zanfona para ir introducindo ao público nunha auténtica festa galega onde músicos e espectadores confúndense, onde todos rematan cantando.Entre bromas, anécdotas e explicacións, este dúo consegue achegar o noso folclore a todos os públicos dun xeito orixinal e divertido.
Contratación