O portugués afincado en Galicia Luís Peixoto e o galego Fernando Barroso volven traballar xuntos na creación deste novo proxecto discográfico chamado “Pop”.“Pop” é o primeiro disco en común de Fernando Barroso e Luís Peixoto como dúo. Este novidoso proxecto afástase un pouco do estritamente tradicional para afondar na música instrumental en diferentes estilos. Diversos instrumentos e ritmos compoñen os 16 temas desta nova proposta musical que vai desde as influencias de antigos trobadores ata a música dos anos 80 ou da actualidade.O coidado do procedemento así como os múltiples instrumentos que ambos os dous músicos tocan, tales como bouzouki irlandés, guitarra de Coimbra, viola braguesa, bandolim, cavaquinho, banjo tenor, guitarras acústica, eléctrica, clásica, pandeiro, pandeireta, voces, asubíos, sintetizadores, etc… fan deste traballo unha mostra moi interesante de timbres e sonoridades.
Contratación
Mada Producións Inés Portela Barreiro (+34) 690 195 217 inesportela@madapro.gal