• GALEGO
  • ESPAÑOL
  • ENGLISH
     
Lulavai

Catro mulleres: Lorena Reinaldo, Paula Oanes, Josefa Fernández e Elena Paz. Elas forman este insólito cuarteto feminino no que o protagonismo das arpas e a harmonía das súas voces dan vida a un estilo propio e único chamado Lulavai.

Coñécense en 2005, cando formaban parte da Orquestra Folk Sondeseu baixo a dirección do arpista e ex-compoñente de Milladoiro, Rodrigo Romaní.

No ano 2008 deciden emprender este novo proxecto musical, no que a sonoridade de 4 arpas e 4 voces fúndense para interpretar cun son moi orixinal temas galegos tradicionais e de autor. Publican o seu primeiro álbum no 2010, "CorDasVerbas", editado por Sul Producciones, que as leva a multitude de escenarios, dende Galicia ata o País Vasco, Segovia, Portugal ou Francia, participando en varios e importantes festivais como Lorient, FolkSegovia, Oito Mãos, Folkez Blaiz…

"Lémbrame un soño" é o seu segundo traballo discográfico, que evoca no seu título unha canción do célebre cantautor portugués Fausto e reflicte á perfección a atmosfera que envolve este álbum. Temas de composición propia, sen perder o referente da música tradicional galega, con pinceladas de músicas do mundo, clásica ou jazz dan forma a este traballo de orixinais e evocadores sons.

Contratación

Lulavai
Paula Oanes
(+34) 654 646 209 - (+34) 986 283 002
lulavailulavai@gmail.com

Discografía

Lémbrame un soño

LULAVAI

2014, Sul Produccións

CorDasVerbas

LULAVAI

2010, Sul Produccións

Vídeos

Meniña de Auga

LULAVAI

Vai a lúa

LULAVAI

Tal vez tamén che gusten