Cinco galegos, un vasco, unha brasileira e un portugués que a música, ou acaso, algunhas afinidades e a amizade fixeron converxer e ten mantido unidos.Unha manchea de instrumentos: percusións, un contrabaixo, unha guitarra acústica, unha gaita, dous saxofóns e algunhas frautas, un acordeón, uncavaquinho, un cuatro, unha harmónica, un adufe.E voces para as cancións, que son moitas.Música tradicional con referencias do folk galego e portugués, músicas de autor e músicas propias compoñen o noso repertorio, onde a palabra, cantada e falada determina o compás que nos move.
Contratación
Lorenzo Suárez (+34) 676 055 560 deoutramargem@gmail.com