• GALEGO
  • ESPAÑOL
  • ENGLISH
     
Julia Cea e Grupo - Lírica Medieval Galega

Música medieval galega coas Cantigas, melodías tradicionais de diferentes épocas. Un paseo no tempo coa voz de Julia Cea, soprano. Instrumentos: Sandra Fernández, zanfoña; Paula Oanes, arpa céltica.

A soprano JULIA CEA estudou canto co barítono Fernando Balboa. Canta como soprano no Festival Mozart da Coruña baixo a dirección de Jesús López Cobos, James Ross e Joan Company, mentres formaba parte do Coro da Orquestra Sinfónica de Galicia. Formou parte tamén de varios coros cos que ofreceu concertos en Escocia, Polonia, Francia, Italia, Holanda e Ucraína.

Colabora como soprano na gravación da música da película "El bosque animado". En 2003 recibe o premio "Ciudad de Cartagena" no VII Concurso Internacional de Cartagena, na especialidade de canto. En 2004 participa no Ciclo de Música Sacra "Galicia nos Sentidos", coa xira de concertos de música relixiosa. En 2009 participou no Festival Via Stellae de Santiago de Compostela, cantando baixo a dirección de F.M Sardelli co grupo de música antiga "Saor en Música".

SANDRA FERNÁNDEZ actúa a nivel nacional e internacional como compoñente da Orquestra Folk Sondeseu na sección de zanfoña. Participa en variados ciclos musicais entre os cales cómpre destacar "Are More", e pon música á película de cine mudo "O chepudo de Notredam".

PAULA OANES formou parte da orquestra folk Sondeseu participando nos discos "Mar de Vigo" en 2002 e "Trastempo" en 2007. Desde 2008 forma parte do cuarteto de arpas e voces Lulavai que edita en 2010 o primeiro traballo discográfico do grupo, "CorDasVerbas".

Contratación

José María Jiménez Bernal
(+34) 655 670 417 - (+34) 655 670 417
juliacea.soprano@gmail.com

Vídeos

Cantiga

JULIA CEA E GRUPO

CANTA COMPAÑA, Media Vita

LÍRICA MEDIEVAL GALEGA

Tal vez tamén che gusten

A Gaita Vai á Igrexa

Fernando Pérez Fernández

Grupo de Música Antiga 1500

Grupo de Música Antiga Martin Codax

Lugo Camerata (LUCA)

Nuria Lorenzo López (mezzosoprano)