• GALEGO
  • ESPAÑOL
  • ENGLISH
     
O Cadelo Lunático

O Cadelo Lunático é un proxecto fundado en 2015 por Javier Prado (Moondogs Blues Party), que viña de gañar o premio Talentos EL PAÍS e quedar semifinalista no International Songwriting Competition en Nashville, entre máis de 15.000 proxectos internacionais.

Nace coa publicación do disco de inicio, "Malos Tempos" (Inquedanzas Sonoras, 2015), presentado ese mesmo ano na Feira das Industrias Culturais, Culturgal. A primeira formación da banda está composta por Belem Tajes (Luar na Lubre, Vudú), Maritxiña (Vudú) e Olalla Ferga (La Senda de Afra). A banda resulta gañadora do XVIII Concurso de Bandas de Cuac FM, tocando no Festival Noroeste Estrella Galicia xunto con Ocean Colour Scene e The Editors.

Na actualidade, o proxecto ponse en marcha cun novo repertorio e coa formación composta por Javier Prado (Moondogs Blues Party), Pedro de Gregorio (Showbiñas Experience), Jorge Arenaz (Booty Sweat) e Nico Rodríguez (Cora Velasco).

A filosofía da banda é que o blues e o soul son posibles en galego.

Contratación

O Demo Maior
Javier
(+34) 651 162 245
info@ocadelolunatico.com

Discografía

Pantasmas das rúas

O CADELO LUNÁTICO

2022,

Malos Tempos

O CADELO LUNÁTICO

2015, Inquedanzas Sonoras

Vídeos

Pasmón

O CADELO LUNÁTICO

Malos Tempos

O CADELO LUNÁTICO

Tal vez tamén che gusten

Blues do País

Grand Soul Band

Los Hermanos Zapruder

Martins Aneiros Band