Os Cempés, o mítico grupo paratradicional de Ferrolterra, a piques de cumprir vinte anos de xiras por Galicia, Portugal, España, Francia, Noruega ou Inglaterra, reaparece despois de catro anos de descanso con nova formación e novo disco: “Tentemozo”.Na gravación do disco participan máis de 50 artistas entre músicos, técnicos e creativos e foi posible grazas ao financiamento de 740 seguidores e amigos incondicionais da banda.O repertorio é unha selección de músicas para bailar, as máis fermosas coplas e as mellores melodías do cancioneiro popular, arranxadas polo propio grupo agás novas composicións.Centos de concertos, seis CD’s publicados (dous deles ao vivo) , son a bagaxe desta banda que presume de facer bailar e cantar ao público desde o primeiro ao último tema dos seus concertos.
Contratación