Con máis de dezaoito anos de traxectoria artística, Quempallou é unha das bandas máis representativas do folk galego, levando a festa por bandeira en cada concerto, pero sen esquecer unha clara mensaxe de compromiso social.Eles fan música de raíz desde un punto de vista actual, sen complexos nin ataduras, tendo sempre claro as súas orixes pero mirando cara adiante en todo momento. Claro reflexo son os seus traballos discográficos, nos que se observa unha constante evolución musical, coa que acadaron un son propio e característico. Desde aquel primeiro “Quempallou”, e a música tradicional como base, pasando por “Estremonías” e a forza da palabra, chegando a “Polo Aire”, cunha importante madurez musical, composicións propias e coidados arranxos.Como é habitual en Quempallou, o disco mantén unha fonda raíz na tradición musical galega a partir da cal, constrúe arranxos, adapta letras e crea novas composicións. Así conseguen unha sonoridade característica, apoiada nas percusións tradicionais, o acordeón e as cordas, sobre a que camiñan frautas, gaitas e, sobre todo, a voz.O 25 de outubro de 2016, Quempallou anunciou a súa separación.
Contratación