• GALEGO
  • ESPAÑOL
  • ENGLISH
     
Soas

Soas nace como a resolución dunha inquietude común a dúas mulleres que souberon comunicar a nosa música dentro e fóra das nosas fronteiras.

Ligaron a súa vida profesional á clásica; Cristina labrándose unha importantísima carreira co piano e Rosa, co violoncello. Estes anos de dedicación absoluta, sumados a outros tantos de experiencia no ámbito da música de identidade galega, confluíron na necesidade de expresar a innegable conexión que elas desenvolveron entre ambas as dúas vertentes.

Soas é un proxecto que pretende achegar a música clásica a todos os públicos e demostrar á audiencia máis esixente que a tradición galega está dotada dun rexistro tan amplo que permite a incorporación de elementos orquestrais dun xeito natural e homoxéneo.

“Muller” é a primeira materialización dun pensamento a longo prazo que pretende asomarnos a unha nova estética musical, na que cada detalle está coidadosa e elegantemente tratado, tendo en conta a xenerosidade da nosa riqueza musical.

Unha formulación desde o respecto avalado polo coñecemento profundo de ambas nas dúas disciplinas nas que levan desenvolvéndose con éxito toda a súa vida.

Contratación

Mare
Patricia Hermida
(+34) 981 652 091 - (+34) 661 504 029
hermida@mareproduccion.com

Discografía

Muller

SOAS, ROSA CEDRÓN, CRISTINA PATO

2010, Fol Música

Vídeos

Unha noite na Eira do trigo

SOAS

Lágrima

SOAS

Negro Caravel

SOAS, ROSA CEDRÓN E CRISTINA PATO

Tal vez tamén che gusten