• GALEGO
  • ESPAÑOL
  • ENGLISH
     
Susana Seivane

Naceu en Barcelona en 1976 no seo da familia Seivane, un dos apelidos con máis prestixio e sona dentro do mundo dos gaiteiros e artesáns de gaitas de Galicia. Comezou a súa andaina musical aos tres anos de idade da man do seu pai, Álvaro Seivane. Aos 9, trasládase, xunto coa súa familia, a Cambre (A Coruña). Xa en Galicia, entra en contacto con mestres gaiteiros do talle de Ricardo Portela ou Moxenas que, xunto co seu propio avó, Xosé Manuel Seivane, influenciarían grandemente o seu xeito de entender e interpretar a música tradicional galega. Non tardou moito en gañarse a admiración e o respecto do mundo da gaita en Galicia, comezando aos 10 anos a dar concertos por todos os recunchos do país.

Durante a súa adolescencia, Susana cursou estudos de solfexo e piano e formou parte de diferentes agrupacións musicais tradicionais. Aos 20 anos toma contacto cos escenarios da man do grupo Milladoiro como artista convidada.

A partir deste momento comeza a súa andaina como solista creando un estilo xenuíno que, lonxe de perder de vista o aire enxebre dos antigos gaiteiros, o abre ás influencias doutras músicas. Consegue, deste xeito, un enfoque fresco e orixinal. Unha mestura áxil e moderna que afonda a súa raizame no máis profundo da tradición galega, deixando arrolar a súa ramaxe nos ventos dos novos tempos.

Contratación

Mare Producción
Patricia Hermida
+34 981 652 091 - 34 661 504 029
hermida@mareproduccion.com

Discografía

Dende o meu balcón

SUSANA SEIVANE

2020, Susana Seivane

FA

SUSANA SEIVANE

2018, Susana Seivane

Esperanzo a Fiz

SUSANA SEIVANE

2015, Enavíes Produccións

Os soños que volven

SUSANA SEIVANE

2009, Enavíes Produccións

Mares de Tempo

SUSANA SEIVANE

2004, Boa Música

Alma de Buxo

SUSANA SEIVANE

2001, Boa Música

Susana Seivane

SUSANA SEIVANE

1999, Boa Música

Vídeos

Concerto no Centro Ágora

SUSANA SEIVANE

Susana Seivane and Band 2020

SUSANA SEIVANE

Na Capitol

SUSANA SEIVANE

Foliada do Quinteiro - Tourilandia

SUSANA SEIVANE

Doce días

SUSANA SEIVANE

Concerto María Pita 2012

SUSANA SEIVANE

Tal vez tamén che gusten