
Nas súas actuacións están presentes instrumentos unidos á música tradicional galega, mais empregados ao seu xeito. Reinterpretando en certa maneira a tradición, TIRULEQUE recorre á súa intuición musical á hora de arranxar melodías tradicionais e bota man da riqueza de instrumentos que esta música nos ofrece, pero dando un paso máis alá no uso das tonalidades e modos.TIRULEQUE leva percorrido a xeografía galega e estatal deixando constancia da calidade dos seus directos coa participación en festivais de recoñecido prestixio, como o Festival do Mundo Celta de Ortigueira en dúas ocasións, Festival Intercéltico do Morrazo, Pardiñas ou Beltaine-Avilés Intercélticu. A nivel internacional participou representando a Galicia no 41º e 49º Festival Intercéltico de Lorient, con grande éxito de crítica e público neste último. Tamén ten compartido escenario con artistas da talla de Milladoiro, Xosé Manuel Budiño, Susana Seivane, Uxía, Treixadura, Tanxugueiras ou Kepa Junkera.En 2009, 2013 e 2018 TIRULEQUE publicou os seus tres traballos discográficos "Tiruleque", "Mu!!" e "Outro que tal baila", producidos polo propio grupo.En 2022 celebrou o 20 aniversario da súa formación coa edición dun novo traballo discográfico, composto por unha coidada escolma do seus mellores temas, e unha xira de concertos co mesmo nome, “Tiruleque, 20 Anos no Camiño”.
Contratación
La Yogurtera S.LMarta Horjales 606 044 298 contratacion@layogurtera.es