Suso Vaamonde, Pedro Lamas e Xosé Lois Romero son tres músicos sen os que a música galega actual non se podería entender.Estes tres artistas únense para ofrecer unha visión da música popular persoal e innovadora.Nos seus concertos ofrecen un repertorio fresco e sen prexuízos, aderezado cunha boa dose de humor e campechanería.O trío máis retranqueiro da música galega renóvase e preséntanos a súa nova proposta escénica cun repertorio composto exclusivamente por temas dunha única formación da historia de Galicia: os Trintas de Trives.Como xa nos teñen acostumados, Suso Vaamonde, Pedro Lamas e Xosé Lois Romero, ofrécennos a súa particular visión cómica e sen prexuízos deste cuarteto que triunfou hai máis dun século aquí e alén das nosas fronteiras e cuxa traxectoria é un cúmulo de singularidades, anécdotas e vangardismo. O cosmopolitismo na montaña ourensá.Vaamonde, Lamas & Romero son boa música e mellor humor. Un bálsamo terapéutico e liberador para estes tempos de crise.
Contratación
Culturactiva SCG Manuel Roxo (+34) 981 582 836 - +34619933348 info@culturactiva.org