Jhonander, banda orixinaria de Pontevedra, Galicia, nace no ano 2009. Formada por Jesús Vidal (voz e guitarra), Pedro Vidal (guitarra), Miguel Vidal (batería) e Bucho Centeno (baixo).Jhonander grava o seu primeiro álbum "Enciendes mi alma" en 2011, nos prestixiosos estudios PKO de Madrid con Caco Refojo, dando a luz neste primeiro traballo temas como "Enciendes mi alma" o "Serenidad", cuxos videoclips pódense atopar en Youtube. O disco foi lanzado en CD edición Deluxe e a través de diversas plataformas dixitais como iTunes, Spotify e Bandcamp.Non pasan desapercibidos para a prensa especializada a nivel nacional, que se fan eco do seu primeiro traballo. Así revisatas como Rock Estatal e Kerrang. Esta última di deles que "son unha banda que sabe como facer as cousas".Jhonander non só se autoproducen senón que levan a cabo todo o labor de deseño e audiovisual da banda, idean, gravan e editan os seus vioclips, deseñan os seus discos... mantendo todo o control sobre o seu son e imaxe.No ano 2013 péchanse no seu local de ensaio para comezar a pre-produción do seu segundo traballo, nesta ocasión volven a contar con Caco Refojo e os Studios PKO para a gravación que se fai en maio de 2014. O álbum está composto por oito cortes cheos de eock que dan forma a "Sinécdoque", que abre o disco con "Antes de nacer" single adianto e terceiro videoclip de Jhonander. "Sinécdoque" ve a luz en decembro de 2014 cunha edición deluxe limitada en vinilo e a través de diversas plataformas dixitais como iTunes, Spotify e Bandcamp.
Contratación
Absent ArtsNacho Sartier (+34) 659 599 577 nacho.sartier@gmail.com