Davide Salvado é unha das grandes voces do panorama galego. Coñecido por mesturar o son máis tradicional da nosa música cos grandes cambios que o mundo dá. De formación autodidacta, leva media vida percorrendo aldeas en busca de ritmos, coplas e danzas, de todas esas mulleres que foi atopando, aprendeu non só a tradición na música senón tamén do seu modo de vivir. A súa versatilidade permitiulle achegarse a xéneros como o cabaré ou o teatro.Davide quere transmitir na súa musica a súa particular visión da vida, e acaba de editar o seu último álbum “Permita Deus”
Contratación
