Presumido é un proxecto de synth pop 2.0 formado por Tarci Ávila e Nacho Dafonte que ten un obxectivo: chegar a eses lares musicais nos que o pop en castelán na súa vertente máis electrónica xamais se meteu. Por que synth pop 2.0? É doado: colleron o estilo dos clásicos do xénero como Depeche Mode ou Kraftwerk e empapárono coas referencias máis contemporáneas como M83, Moderat, Daft Punk… e os artistas electrónicos máis experimentales como Björk, Apparat, Aphex Twin, Telefon Tel Aviv… de xeito que encontraron un estilo propio que poderiamos definir coma “uns Depeche Mode en castelán e pasados de rosca”.Ademais da súa proposta musical tamén ofrecen un espectáculo de luces e proxeccións que elaboraron de forma artesanal e que convirten cada concerto nunha experiencia audiovisual realmente interesante. E… ¿quen son Ávila e Dafonte? Pois dous músicos que acumulan uns 50 anos de vida e uns 1.300 concertos por 7 países. Para qué falar do pasado? Miremos cara ao futuro e poñamos a primeira parada en setembro de 2016, cando sacarán o seu primeiro LP, “VENDETTA”, e outubro do mesmo ano, cando presentarán o seu disco por España e Europa.
Contratación
AAA (Access All Areas)Estanis Figueroa (+34) 946 85 69 10 - (+34) 686 48 94 35 info@accessallareas.pro