O Cuarteto Caramuxo está formado por unha percusionista de formación tradicional ao carón dun acordeonista e catro clarinetistas de sólida formación académica que levan tocando xuntos máis de vinte e cinco anos nos que fixeron dende teatro a proxectos didácticos e nos que foron galardoados con diversos premios como o "María Casares de teatro de Galicia" en 2005 ou o premio "Cancioneiros” de música folk convocado pola Fundación Barrié de la Maza, que os deu a coñecer no mundo do folk a nivel galego e peninsular."Arrieiros somos" (Nakra, 2015) é o segundo traballo discográfico do Cuarteto Caramuxo, formación afincada en Vigo (Pontevedra), premio "Martin Códax” da Música de Galicia como mellor grupo de música folk na última edición celebrada en decembro de 2014.
Contratación
mare Patricia Hermida (+34) 981 652 091 - (+34) 661 504 029 hermida@mareproduccion.com