• GALEGO
  • ESPAÑOL
  • ENGLISH
     
ELØ

A escritora e performer Rosalía Fernández Rial e o músico Serxio Moreira veñen traballando na primeira década do 2000 en diversas montaxes nas que levan á escena a poesía de Rosalía musicada por Serxio. No 2015 materializaron esa colaboración gravando dous discos nun único CD: "Vinte en escena" e "Ningún amante sabe conducir", títulos que coinciden cos dos últimos libros da autora publicados por Edicións Positivas. Nesta dimensión sonora a autora-actriz aposta por unha lectura interpretada dos seus versos, mentres que a música se move en terreos do contemporáneo e o experimental.

O proxecto ELØ naceu na escena e pretende regresar ao seu ámbito de orixe cunha visión reformulada tras a publicación do primeiro CD. Aínda que os principios fundamentais da súa concepción artística interdisciplinar, contemporánea e minimalista se manteñen, a experimentación do diálogo literario, escénico e musical deriva nunha proposta máis fluída, experimental e con novas vías de comunicación dentro dun formato sinxelo, fresco e espontáneo.

Na primavera deste 2017 veñen de publicar un novo traballo, "Sacar a bailar", onde a voz se volve máis melódica e matizada e os sons máis electrónicos e variados:

-Bailas?

Contratación

Dezdedez
Tomi Legido
(+34) 677 428 150 - (+34) 698 176 564
Dezdedez@gmail.com

Discografía

Sacar a bailar

ELØ

2017,

Ningún amante sabe conducir/Vinte en escena

ELØ

2015, Autoeditado

Vídeos

Vexo/Tócome

ELØ

Ingravidez

ELØ

Eu son Rosalía

ELØ

Fin de núcleo urbano

ELØ

Tal vez tamén che gusten