• GALEGO
  • ESPAÑOL
  • ENGLISH
     
Onion Smile

Somos Onion Smile, unha banda de rock alternativo de Pontevedra.

Facemos temas en inglés con letras con moita carga emocional (Onion), cancións guitarreras cun ritmo sólido e melodías con toques pop (Smile), pero con arranxos crus, directos e moito ruído (máis Onion).

Ata o momento sacamos dúas demos, “Know Your Onions” (xaneiro 2015) e “Songs in the Storm (novembro 2016)”:

-Con "Know Your Onions" queríamos amosar as liñas musicais do proxecto, coas que para nós eran as cancións máis representativas do que poderías atopar en todo o noso repertorio.

-"Songs in the Storm" é unha demo máis conceptual, na que falamos de cambio, de revolución a nivel persoal e colectivo, por iso o símbolo do "furacán" (tormenta), de tempos revoltos e de como intentamos mellorar.

Desde 2015 tocamos en distintas salas galegas como La Fábrica de Chocolate, MardiGras (finalistas do concurso Cuac FM), Sala JJ ou Salason e fumos gañadores do concurso para abrir o Festival Derrame Rock no seu XX Aniversario en xullo de 2016 en Xixón, entre máis de 80 bandas.

Formación: Roberto Benavides (voz e guitarra), Jaime López (guitarra), Cristian Durán (baixo e coros) e Goyo Velasco (batería).

Contratación

Onion Smile
Goyo Velasco
(+34) 606 979 863
onionsmileband@gmail.com

Discografía

Songs in the Storm

ONION SMILE

2016, Onion Smile

Know Your Onions

ONION SMILE

2015, Onion Smile

Vídeos

Before the Sunrise

ONION SMILE

Behind the Curtain

ONION SMILE

All I Want Is You

ONION SMILE

Tal vez tamén che gusten