• GALEGO
  • ESPAÑOL
  • ENGLISH
     
Factoría de Subsistencia

A creatividade musical das Rías Baixas e da Limia conflúen neste proxecto de FACTORÍA DE SUBSISTENCIA. Dúas persoas coas súas propias e respectivas inquedanzas artísticas. Por unha banda, Sabela Dacal (Xestreu, Emilio Rúa) e, pola outra, Josito Porto (Korosi Dansas, Magritte).

A complicidade entre os sons da guitarra de Josito e do acordeón de Sabela marcan un estilo aparentemente sinxelo, sen moitas complicacións, descarnado coma o sorriso nervioso de quen quere aparentar una falsa tranquilidade desde o fondo do seu pozo. Influencias? Moitísimas e ben variadas, tan variadas como a música que escoitamos ao longo das nosas vidas e que, sen decatarnos, foron deixando a súa inocente pegada nas nosas sombras. Poden aparecer pequenas pinceladas que nos leven a pensar en Javier Krahe, SurfinBichos, Nacho Vegas, The Cure, Leonard Cohen, Albert Pla, reminiscencias folklóricas... ou non, ao mellor simplemente quixeramos que fose así...ou non.

Somos FACTORÍA DE SUBSISTENCIA porque se trata precisamente diso, de crear, de inventar, de darlle forma ás ideas que xorden no noso interior ou ao noso redor, ás circunstancias que sobrevoan continuamente aos nosos seres, aos comportamentos que tentan darnos leccións continuas de enfrontamento ante a vida.

Comezamos sendo dous, JOSITO PORTO e SABELA DACAL, pero agora, en FACTORÍA DE SUBSISTENCIA, desfrutamos co reforzo e a consistencia aportada por RAFA OTERO (baixo eléctrico) e ADRIÁN RÍOS (batería). Mañá poderiamos ser LEXIÓN...POR QUE NON SOÑAR?

Contratación

Josito Porto
(+34) 629 846 175
factoriadesubsistencia@gmail.com

Discografía

RESPIRANDO...SEMPRE!!

FACTORÍA DE SUBSISTENCIA

2024, Aldeaglobal

Amores fratricidas

FACTORÍA DE SUBSISTENCIA

2019, ARTEFICCION DISCOS

Cerca da túa orella

FACTORÍA DE SUBSISTENCIA

2015, Arteficción discos

Vídeos

Esperta

FACTORÍA DE SUBSISTENCIA

Non quero ser feliz

FACTORÍA DE SUBSISTENCIA

Histérico

FACTORÍA DE SUBSISTENCIA

Mundo feliz

FACTORÍA DE SUBSISTENCIA

Aleluia

FACTORÍA DE SUBSISTENCIA

Lémbraste

FACTORÍA DE SUBSISTENCIA

Tal vez tamén che gusten