The Lákazans regresan para quedarse. Dous anos tardaron en entrar de novo no estudio para plasmar o seu terceiro traballo discográfico que non fai máis que consolidar o seu talento compositivo.En “Sandwina” (2017), Sabela King, Benja Vázquez e Almudena Gómez volven tomar as rendas das melodías e as letras nun disco co máis puro son característico da banda, que abre o seu espectro blues todavía máis aínda á música americana, resultando con incrible facilidade en rockabillies, countries, souls e swings que non deixarán indiferente a ninguén.“Sandwina” é un disco de intencións, capitaneado pola muller máis forte do mundo. Nel, preténdese debuxar ao redor da figura de Kate Brumbwach, unha vienesa do século XIX adicada ao mundo do circo, a importancia do empoderamento real da muller. É a muller a que compón todas as letras de “Sandwina” e a que leva o fío narrativo do disco, confrontando sentimentos de dor e adversidade con afouteza e poder. É a muller, por partida doble, quen lidera a banda e quen lle otorga o seu rasgo distintivo e é por isto que chegou Sandwina e ocupou a súa portada dun xeito natural, como símbolo de recoñecemento ante unha realidade para The Lákazans.
Contratación
Andrea Verdú 693 86 67 21 andhreafarfalla@gmail.com