Pantis é o proxecto persoal de Rubén Domínguez, creador audiovisual grovense e co-director de Prenom. Primeiro coma un bosquexo e despois coma unha realidade mutante, Pantis comeza a coller forma en 2012 en Lisboa, pero non é ata o verán de 2014, xa de volta en Galicia, que Rubén Domínguez decide dar o paso de levar os seus temas da computadora aos escenarios.Despois de case dous anos xirando e pulindo as composicións co roce do directo, en setembro de 2015 entra a gravar o seu primeiro álbum no Estudio Terraforma de Ibán Pérez. Producido e interpretado case integramente por el mesmo, as baterías foron gravadas por Cibrán Tenreiro (Monstruo, Esposa), “Pranto” (Prenom, 2016) sae ao mercado o 24 de febreiro de 2016 editado por Prenom. Formado por sete cortes que funcionan coma un relato circular, “Pranto” percorre ao longo das cancións espazos pechados e minúsculos, nos que as reminiscencias do pasado, a erosión do tempo, o amor e as perdas persoais e vitais conforman un mosaico de non-lugares nos que Pantis se mergulle con versos cargados de fortes imaxes, descripcións oníricas e paisaxes interiores.En febreiro de 2018 publica o sinxelo "Mar", acompañado dun videoclip realizado polo propio creador, que anticipa o seu segundo álbum, de título "Carme", que verá a luz no outono, editado polo selo Prenom.
Contratación
PrenomRubén Domínguez (+34) 697 916 892 ruben@prenom.gal