
Tardes de melodías entrelazadas e anos de inxección musical deron paso a unha sublime explosión creativa que rematou derivando nunha obra: “Relief” (2014). Sen ambicións, sen aspiracións claras, simplemente fluía das correntes creativas de Jose e Lucía, que inevitablemente acabaron creando Maple Apple, fin para o cal non cabía mellor compañía que unha sólida base rítmica composta por Iván e Antón.Complexa instrumentación, exquisita composición, rock progresivo con ecléctica influencia, a idea de Maple Apple xorde no ano 2013 en A Coruña, aínda que é en 2016 cando consolida a súa formación. Cun directo intenso e moi pulido, unha cuidada posta en escena e unha proposta ecléctica, beben de influencias que van dende o rock insdustrial de Nine Inch Nails ou Kidneythieves, ao metal lírico de Within Temptation ou Delain, ou o rock alternativo de Tool ou Radiohead.
Contratación
Maple AppleJosé Vizoso (+34) 606 738 245 mapleappleband@gmail.com