Logo de formar parte de bandas como The Allnight Workers ou The Loveless Cousins, Néstor Pardo emprende en solitario o seu proxecto máis persoal: PARDO, baseado nas súa dispares influencias entre o early jazz, o folk americano, o blues e as músicas de raíz.O seu álbum debut, “Waitin’ To The Other Side” (2013), foi gravado unicamente a guitarra e voz, pero o músico e compositor coruñés decide rodearse dunha banda formada por batería e contrabaixo para o seu segundo disco, “Let It Stay” (2015), á que lle sumará o piano no seu último traballo, “Siento no haber sido lo esperado” (2016).É neste terceiro álbum onde PARDO aposta polas letras en castelán e nos deleita de novo con melodías coidadas, letras cheas de sinceridade e ritmos con moito sentimento. Unha proposta máis accesible coa que PARDO se entrega por completo ao público a través do seu carácter apaixonado e o carisma que desprende a súa posta en escena.
Contratación
TAM TAM Gestión CreativaTamara Blanco (+34) 600 826 902 - (+34) 981 903 358 info@tamtamgestioncreativa.com