
Nación Quilombo é froito de máis de 20 anos de traxectoria musical deste referente indiscutible da cultura hip-hop en Galicia. García Mc foi parte de recoñecidas iniciativas en España como Dios Ke Te Crew, onde participou activamente ata o 2016. Tamén formou parte de Labregos do Tempo dos Sputniks o Ghamberros.Musicou poemas de Celso Emilio Ferreiro en clave de rap, é colaborador da Banda Xangai e leva máis de 15 anos exercendo como pedagogo independente impartindo obradoiros e cursos de rap para crear conciencia e valores entre adolescentes.Agora sorprende cun espectáculo innovador ao fronte da Nación Quilombo, unha banda que combina ritmos do mundo coa palabra como centro.García Mc inaugura o 2022 convidándonos a viaxar ata o “Arquipélago Quilombo” no que é o seu segundo disco en solitario. O rapeiro reivéntase para traernos co novo ano unha estimulante travesía polas dez illas do seu arquipélago a través de dez temas nos que colabora con artistas como Nastasia Zürcher, Cynthia Montaño, High Paw, Digo, Diego, Gatopersa, Javier Vicalo, etc.“Con este traballo rexurdín das miñas cinzas para navegar os sete mares. Non deixedes de facer esta viaxe musical ate o ‘Arquipélago Quilombo’, onde a morte se converte en vida!” —García Mc
Contratación
Play Plan Cultural +34 986 903 509 - +34 696 874 392 contratacion@playplan.es