Garza é o proxecto de música electrónica formado por Adrián Charlín. A súa música combina diferentes estilos, como o ambient, deep, trip hop, IDM, etc. En calquera caso, Garza trata de crear unha música de atmosferas que xogan constantemente coas intensidades.Outra importante razón de ser do proxecto é o directo, compoñendo un espectáculo moi atractivo a nivel sonoro e visual, incitando á audiencia a mergullarse nunha viaxe de emocións.Na primavera de 2022 sae á luz “Interferencias” (Ferror Records, 2022), o primeiro longa duración de Garza, despois de ter editado en 2021 o EP “Alborada”, que tivo unha cálida acollida en numerosos medios e puxo a Garza no panorama actual da electrónica galega. No disco colaboran Manuel Seixas nas guitarras de 'Terra Núa', e Rosalía Fernández Rial nos acordeons de 'Mare'. “Interferencias” será tamén editado en cedé, nunha tirada limitada por Ferror Records no mes de maio.Ademais do lanzamento do LP, Garza está a dar unha serie de concertos por Galicia, e alén dela, que o levará ata cidades como Barcelona, Madrid, Málaga, Burgos, Oporto, Ámsterdam, entre outras. Segue a formar parte da formación en vivo da banda Chicharrón, gravando ademais as baterías do seu novo disco, “Erosión” (Ferror Records, 2022).
Contratación
Esquío Adrian +34 696 437 199 adribataca@gmail.com