Manuel Seixas formou parte de Korosi Dansas, unha banda que representou a vertente máis reivindicativa e á vez máis experimental do movemento bravú. Foron un grupo moi pouco convencional e profundamente concienciado cos problemas sociais da súa contorna máis próxima, Vilargarcía de Arousa (Pontevedra). A nivel musical temos que falar dunha fusión de estilos que vai desde o ska e o rock até ritmos máis duros e distorsionados.Tras poñer fin á banda, coa publicación de “Non!” (Chorima, 1997), Manuel Seixas —ademais de músico é escritor e poeta— iniciaría a súa carreira en solitario cos discos “A velocidade do frío” (Xerais, 1997) e “Presentimento” (Madame Mir, 2000).Logo de dar forma ao proxecto Neuroband, co que edita varios longa duración, volve sacar un disco firmado co seu propio nome. Trátase de “O Estraño Karaoke do Home Bata” (Ferror Records, 2022), un álbum dobre que leva o subtítulo de “un rosario laico en dous misterios” e que el define como: “o home bata é un bicho raro que quere saldar contas co que foi, co que é e co ao mellor será. E seguir camiñando, camiñando.
Contratación
Ferror RecordsSergio 667 264 325 ferrorrecords@gmail.com